A intervención educativa Modelo Burela que leva por título "Neofalantes iniciais: da alfabetización á fluidez comunicativa" acaba de conseguir un dos cinco premios de innovación educativa convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para programas de actividades a desenvolver no curso 2014-2015. Os outros catro centros con proxectos galardoados son o CPI de Navia de Suarna (con longa traxectoria de innovación educativa); os CEIP de Frións e Heroínas de Sálvora, de Ribeira (compartido); e os IES da Póboa do Caramiñal (impulsor de múltiples iniciativas, entre elas a de 21 días co galego) e o de Rodeira, en Cangas do Morrazo (unha das máximas referencias en materia de motivación e renovación pedagóxica en Galiza).
Aínda que o fío condutor desta iniciativa que acaba de obter o recoñecemento institucional é a alfabetización de adolescentes en risco de exclusión social e o reforzo en materia de comprensión e expresión oral e escrita, outros dos obxectivos pedagóxicos contemplados son: 1) a mellora da convivencia no centro educativo; 2) a atención á diversidade en todas as súas vertentes; 3) o uso innovador das tecnoloxías da información e a comunicación; 4) o desenvolvemento das competencias básicas; e 5) a integración social de mozos e mozas chegados nos últimos anos á nosa terra desde moi diversas procedencias.
O repertorio de actividades incluídas nesta nova entrega da intervención educativa Modelo Burela -en aplicación desde 2004- continúa apostando pola interculturalidade e pola relación fluída entre o centro de ensino e o contexto social a que este dá servizo. Neste sentido, co premio vese tamén recoñecido o traballo e a disponibilidade de Radio Burela e da Asociación Cultural e Musical Dambara.
Albano González Cancio, Rodrígo López Gómez e Matías Nicieza García
Á vista dos limitadísimos recursos económicos con que conta a intervención educativa Modelo Burela -desde 2004, a única fonte de financiación foron os premios de innovación, de contía meramente testemuñal-, a única alternativa de viabilidade era solicitar a axuda desinteresada de particulares e entidades sociais. Así foi como se incorporou a colaborar Matías Nicieza, que leva realizado de xeito altruísta traballos audiovisuais valorados en varios millares de euros. Así naceu a colaboración con Radio Burela, que nos acolle semana a semana desde o 4 de xaneiro de 2012 e que nos permite manter unha escola de comunicación de características semellantes á impulsada no IES Alfoz-Valadouro polo profesor Pepe Peinó, a quen tamén moito debemos.
Para que a programación de 2015 puidese apostar polas actividades musicais como instrumento de integración social, foi determinante a colaboración da ACM Dambara mercé á mediación de Albano González Cancio. Esta xestión dunha das persoas máis implicadas na integración social na Mariña permitiu tentar a aproximación do alumnado inmigrante á música tradicional cando aínda se carecía da mínima dotación económica para esta actividade.
Mais, alén das xestións coa xunta directiva da ACM Dambara, o maior dos méritos de Albano González Cancio e Rodrigo López Gómez (Director da Escola de Gaitas de Ortigueira) está na calurosa acollida dispensada ao noso alumnado e no interese con que tentaron motivar a súa formación musical.
O equipo educativo
Obviamente, o desenvolvemento deste proxecto académico nace do impulso e da constancia do equipo educativo do IES Perdouro. No proxecto que nos ocupa, teñen especial relevo os traballos de José Ramón Leiva (coordinador do recén creado grupo de traballo dedicado monograficamente á atención á diversidade e á integración do alumnado inmigrante); de Josefa Rodríguez Chao (da área de Tecnoloxía, que propiciou a realización do audiovisual titulado "O Modelo de Nación do Século XXI"); de Ana Vázquez Sesmonde (da área de Física e Química); e de Manuel Carreira (de Formación e Orientación Laboral).
Os premios
Este premio de innovación educativa é o oitavo que consegue o Instituto Perdouro desde a primeira convocatoria en 2006. Súmase a outras distincións como o Premio Peña Novo (outorgado pola AFNL), o Ondas Radiofónicas (pola modesta participación na Ponte nas Ondas), o de Educación sen Fronteiras e O Galego na Onda.

Noraboa a todas as persoas que fixestes posible que o Modelo Burela sexa unha realidade. Ata hoxe tiña moi pouca idea de todo isto, polo que me seinto moi orgulloso se puxen un gran de area neste proxecto. O que teño clarísimo é que a partir de hoxe son máis consciente do importantísimo traballo que levades a cabo e no que poida axudar "por aquí hei andar".
ResponderEliminarSAÚDOS E ADMIRACIÓN.