Nesta ocasión contamos coa colaboración de Begoña Martín, profesora que permitiu esta entrevista intercentro. Viaxamos ata Miño para falar con Lukas Esteban Silva Plaza,
alumno de 4º ESO do CPI Castro Baxoi. Naceu en Santiago de Chile no
ano 1995. Chegou á nosa terra por agrupación familiar no ano 2006. Antes
chegou seu pai en busca de traballo. Despois viñeron a esposa e catro
fillos - entre eles Lukas - A viaxe foi para ver se lles gustaba e
quedaron. Forma parte do "Pelotón Linguístico" do seu centro. É admirable a súa integración e a súa fluidez na fala despois de 6 anos en Galicia.
Na segunda parte do programa, falamos con Dona Cándida Lorenzo, que tivo que emigrar ao Reino Unido nos anos 70 deixando a súa filla recén nacida no Valadouro. En canto puideron, o seu home e ela levaron a nena para o Reino Unido onde a educaron nos colexios inglés (na vila de residencia) e español (en Londres). Cándida é a avoa de Laura Ramos Cuba, ex-alumna do IES Perdouro, estudante de xornalismo que acaba de publicar na semanario Sermos Galiza unha magnífica reportaxe sobre o "Modelo Burela". Aproveitamos para transmitirlle a Laura as nosas felicitacións e agradecemento. Se alguén se quedou sen poder mercar o xornal, terá que esperar 2 meses a poder lelo na sección quiosque da web de Sermos Galiza.
O broche final tivémolo escoitando unha entrevista feita a Séchu Sende, escritor que estivo no centro o pasado venres. Podedes ver a reportaxe do encontro en Perdourando.

Sem comentários:
Enviar um comentário