Primeira entrega feita unha vez superada a barreira dos 400 programas. Celebramos o momento coa incorporación de dúas novas voces: as de Izan Maseda e Nicolás Amorín, que aproveitaron extraordinariamente ben as dúas xornadas de observación directa en que xa tiñan participado no estudio.
Unha filla (Jimena) e un pai (Pablo) fixeron un esforzo nas súas axendas e subiron ao estudio para comentarnos os preparativos dunha viaxe educativa a Bélxica, organizada pola Escola de Ensino Infantil e Primario Vista Alegre. Pablo Domínguez falou moi pouco. Non era necesario. A intervención de Jimena estivo á altura da iniciativa que mantén a comunidade da escola, con participación activa de todos os sectores implicados: colosal.
Entre os minutos 45 e 60 tivemos dúas novas entrevistas: Yanira conversou con Martín Barcia, premiado nun certame de artes plásticas convocado polo Concello de Burela; e Hugo falou con María Fuente sobre as actividades do Grupo de Participación Adolescente de Burela, que participou nun acto institucional no Parlamento de Galiza.
Deseño de Héctor Manasé para a comunidade educativa da Escola Vista Alegre. Os beneficios das vendas destes produtos está destinado a financiar unha viaxe de estudos a Bélxica. |
Sem comentários:
Enviar um comentário