Seccións

23/05/18

Proxecto Neo, 230.7: IES Marco de Camballón; India Stainton; Campaña Mundial pola Educación



Xabi Barros e Aleixandra Torres, do IES Marco de Camballón, compartiron con nós as vivencias da viaxe a Euskadi para participar no encontro Regueibertso.
Pola súa parte, India Stainton (de Ourol) visitounos no estudio e falounos do seu trilingüismo habitual, con uso do inglés na casa e das tres linguas na escola.
Nos minutos finais falamos con Cristina Álvarez, da Campaña Mundial pola Educación.

3 comentários:

  1. Agradecementos a India por aceptar a invitación para participar neste programa. Unha gran galega e mellor persoa. Foi un auténtico placer coñecerte e poder conversar contigo. Es unha persoa marabillosa.

    ResponderEliminar
  2. Foi moi grato facer este programa. Por unha parte, queríamos darlle unha sorpresa a Séchu Sende, que descoñecía que fose haber unha chamada. Xabi púxose un pouco nervioso, mais tiña ao lado a Aleixandra, que lle deu unha grandísima axuda. Como debe ser!
    Por outra parte, encantounos ter a India no estudio. Había meses que estábamos á espera de que nos concedese a entrevista e desta vez tivemos sorte. Tivemos un magnífico encontro.

    ResponderEliminar