Seccións

11/05/16

Proxecto Neo, 161.- Marco Pereira; Inmaculada López (EOI LUGO); Cheik Faye; Marité Prieto Miramontes; Tonia Fuentes



Cheik Faye, que mantén a bitácora Senegaliza, na Coruña


Continuamos coas fotografías do Reino Maravilhoso, de Anabela Quelhas e Marco Pereira. Desta vez falamos de cabras a pastaren pertiño de Vila Real.
A seguir, desde Lugo, Inmaculada López presentounos o programa de actos de homenaxe a Manuel María a celebrar na Escola Oficial de Idiomas daquela cidade.
Cheik Faye falounos das condicións de vida dos inmigrantes senegaleses que se dedican á venda ambulante, presentounos a súa bitácora Senegaliza e adiantounos os contidos dun libro que vai editar proximamente.
Pola súa parte, a pintora Marité Prieto Miramontes mantivo unha conversa especialmente emotiva coa nosa colaboradora Alba Geada. Falaron de poesía, de pintura e de música e danza. Despois falaron tamén da cultura feita polas persoas neofalantes.
Xa nos minutos finais, Tonia Fuentes presentounos a campaña de colaboración popular para conseguir unha versión galega do novo filme de Dragon Ball.



O REINO MARAVILHOSO

As cabras da Serra do Alvão em fotografia de Anabela Quelhas

4 comentários:

  1. Desde A Coruña, parabéns pola iniciativa de visibilización e normalización e por entrevistas coma esta.

    Un senegalego, claro. Apertas!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas a vós, pola atención que nos dispensades! Moitas grazas pola confianza. Temos os micros abertos para calquera iniciativa que queirades divulgar.
    Recordade que este é o programa do diálogo entre culturas.

    ResponderEliminar
  3. Olá
    Que pena não publicarem a fotografia.... sorrio com a música que passaram a seguir, do Quim Barreiros, que é muito brejeira sempre com segundas intenções.... O Quim é muito malandreco!!!! Abraço aos dois.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A fotografia estava publicada nas redes sociais... cá e lá! E não estava onde devia estar. Agora já está reparado o esquecimento.
      Cumprimentos para o Quim Barreiros! :)

      Eliminar