"A miña experiencia co uso habitual da lingua galega é moi gozosa e recoméndoa a todos os profesionais da sanidade do noso país"
Son palabras do Dr. Carlos Fernández Fraga, do Servizo de Atención Primaria do SERGAS e docente con moita experiencia nos cursos sobre coidados paliativos
A importancia dunha escola ao servizo da comunidade
Aínda que na universidade nunca me falaron na nosa lingua, eu tiña pola infancia algo de coñecemento sobre ela, porque tiven a fortuna de ter recibido clases de Ricardo Carvalho Calero, de Arcadio López Casanova, de Xosé Luís Méndez Ferrín... Tiven a sorte de ter tido o contacto coa Lingua, un contacto que me tirou aquel medo de que non fose un vehículo apropiado para ser utilizado en calquera situación, mesmo naquelas máis técnicas ou máis científicas; aquelas máis relacionadas co mellor da cultura.
O compromiso individual e a panorámica global
O cambio desde aquela é enorme. Hoxe no noso centro de saúde todos falamos a nosa lingua. Ainda que a escrita -nas historias clínicas- aínda é limitada, o avance foi moi importante. Xa dispoñemos da maioría dos textos fundamentais para o desempeño diario da nosa profesión. Traballamos todos con documentos estándar galegos para todas as solicitudes, etc. Non temos nese sentido maior dificultade. O que nos falta é animarnos un pouco. A maneira de avanzar nalgún desempeño é utilizando o recurso.
Eu uso a lingua en exclusiva -salvo en autos que sexan de fóra de Galicia- na escrita, e utilizo a lingua na docencia.
Tiven unha experiencia excelente co uso da lingua. Pola miña traxectoria profesional - agora dedícome maiormente aos cuidados paliativos; desempeño a función coordinación galega de paliativos-, a atención ás persoas que están perto da vida leváronme de novo á lingua, de maniera inmediata. A comunicación, a proximidade, é unha necesidade absoluta nestas circunstancias de tanto sufrimento, no momento en que a vida escapa. Daquela non podo dicir máis que a miña experiencia coa fala é unha experiencia gozosa, unha experiencia que recomendo a todos os profesionais da sanidade no noso país.
Durante a etapa do ensino, nos anos en que eu estudei na Faculdade de Santiago, non somente non recibíamos clases na lingua, senón que estaba perseguida. Recibíase sanción. Incluso éramos expulsados. Nas asembleas tamén se nos impedía falala.
Novos tempos
O cambio foi radical. Daquela non había ningún texto técnico-científico no noso idioma. De existiren, estarían prohibidos. Hoxe é totalmente diferente. Neste ano participei na elaboración da parte correspondente á Ética clínica para os enfermeiros especialistas en medicina de familia para o ensino oficial. Os materiais foron todos elaborados na nosa lingua. Na mesma lingua vehicular desenvolvo ao menos vinte cursos de coidados paliativos, tanto de nivel básico como de nivel intermedio, dirixidos a profesionais da atención primaria. Publícanse na nosa lingua documentos como todos os relativos a coidados paliativos, relativos á atención ás familias con pacientes con dor, relativos ao propio plan galego de paliativos. Tamén moitas outras publicacións que estamos utilizando no día a día (guías). A propia sociedade galega de paliativos dispón dunha páxina web que está toda escrita no noso idioma. Nunca tivemos unha queixa. Sempre nos felicitaron. Ninguén nos dixo que usando o noso idioma fixésemos algo con menor difusión potencial.
Plan galego de coidados paliativos
O programa de formación do plan galego de paliativos é transversal. Atende tanto a necesidades de persoal xa formado, como da xente que comeza a desenvolverse neste ámbito. Antende a profesionais da medicina como da enfermaría, do traballo social, da psicoloxía... de todo o persoal que está implicado na atención de paliativos.
Dentro do plan galego tamén se desenvolven numerosas actividades que atenden o grande público. Facemos intervencións nos principais hospitais para difundir a filosofía dos coidados paliativos como as que fixemos nos hospitais de Verín, de Burela, de case todos os hospitais de Galicia. A xente recibe esta formación na nosa lingua con enorme interese. O número de persoas que se anotan ao curso triplica sempre as prazas disponíbeis. Todos os materiais que empregamos está sempre en galego, tanto o material escrito (presentacións e contidos) como a súa explicación oral.
A historia clínica
No referente ao rexistro dos pacientes, na historia clínica, en galego, comparto cos compañeiros hospitalarios as limitacións derivadas do tempo, que implica que cando tratas con un paciente que supós que vai precisar o uso dese informa fóra de Galicia utilizamos o castelán, senón desenvolvémonos habitualmente en galego tamén escribimos en galego. Nunca tiven queixa ningunha. Nin problema de comprensión.
No uso da língua non hai dificultade ningunha a nivel técnico profesional, a nivel oficial. De feito, existen textos de coidados paliativos que se traduciron -sexa do francés sexa do inglés- antes ao galego que ao castelán. A literatura fundamental para este ámbito publicouse en galego.
Temos máis problemas no uso diario. No uso frecuente da Historia Clínica. Temos que buscar o equilibrio entre a escaseza do tempo coa necesidade de comunicación.
A tradución das obras específicas
Entre os documentos que se traduciron -dentro dos básicos- están recensións dos traballos pioneiros sobre os coidados paliativos. Traducíronse directamente. Para a Asociación Internacional de Coidados Paliativos (AICP), volcouse do inglés a Declaración de Venecia sobre os coidados paliativos como dereitos humanos. Moitos textos como os Cuestionarios e escalas para a avaliación da dor nos nenos, do Hospital Gustave Roussy de Francia; os materiais derivados dos traballos do Grupo de Edmonton do Canadá...
Sem comentários:
Enviar um comentário