O programa 109 comezou coa intervención de Noa Expósito Campos, que nos presentou o audiovisual que leva por título "As cousas de antes" e convidounos a visualizalo e a apoialo durante o proceso dun concurso.
Seguidamente, Maka Ledo e Helena Valle comezaron a súa serie de entrevistas. O primeiro dos convidados foi o pontevedrés Alexandre Fernández Peón. Este estudante de Xornalismo en Compostela fíxonos a descrición do seu proceso de incorporación á cultura galega, moi especialmente apoiado polo profesorado de Lingua e Literatura do Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra. Este mozo de 18 anos recitounos un poema da súa autoría que resultara premiado no Certame Literario Minerva na súa convocatoria de 2013.
Durante a entrevista, establecemos comunicación directa co profesor Anxo González Guerra, que transmitiu os seus parabéns a Alexandre e, ao mesmo tempo, falounos da ferramenta dixital www.ogalego.eu que conseguiu en 2013 un total de 250.000 consultas desde outros tantos computadores diferentes. Comentounos tamén que a páxina máis consultada foi a das 116 letras de cantigas galegas, que foi visitada desde 70.000 equipos informáticos.
Na parte final do programa, a conversa continuou pola esfera da poesía e a música. A protagonista foi a escritora Róchi Nóvoa Vázquez, que nos presentou a súa poética e que nos fixo coñecedores da nómina de intérpretes musicais que tomaron os seus versos para faceren cancións (entre eles o colaborador de Proxecto Neo Servando Barreiro). A escritora tivo unhas palabras moi especiais para o seu ex-profesor Isaac Alonso Estraviz, a quen considerou un referente pedagóxico.

Sem comentários:
Enviar um comentário