ESCOITE AQUÍ O PROGRAMA
12 de febreiro. Día Mundial da Radio. Nós adiantámonos e fixemos a celebración nas vésperas. O número 80 foi un programa de celebración. Secundamos así a efeméride resultado da declaración da UNESCO en 2011. Acompañamos por vez primeira o camiño iniciado na nosa terra pola Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte... nas Ondas". Tal como o dixo a nosa condutora, Karina Parga: "En Proxecto Neo tamén facemos nosa esta iniciativa. Vaian os nosos parabéns para Ponte nas Ondas e para todas as entidades que apostan pola radio como instrumento de transmisión de cultura".
O primeiro dos contidos foi moi emotivo. A profesora Carme Cociña, do IES Monte Castelo, púxolle voz a un relato de Fran Alonso centrado na inmigración. Esa "Carta de amor" estaba dedicada ao alumno Mamadou Diouf, senegalés como as personaxes do relato: "É unha homenaxe a todos os que deixan a vida escapando da miseria porque cren que un mundo mellor é posíbel. Eles, os soñadores cunha nova vida, son os verdadeiros heroes; non os que pechamos portas e xanelas pensando que o vento non vai entrar, e o vento sempre entra. Non hai quen o deteña".
Despois da música, presentamos en primicia unha nova emisora educativa. O profesor e escritor Xosé Antonio Neira Cruz falounos de CampUSCulturae on line, unha iniciativa que reforzará os lazos de unión entre universidade e sociedade.
A través da nosa Ponte nas Ondas estivo con nós desde Euskadi o cineasta Rubén Sánchez. A través da súa conversa coñecemos os Arlotes, unha serie de Deseños Animados que contou coa primeira das versións lexendadas ao idioma galego. Acabamos sabendo como naceu a idea, canto tempo levou levala a cabo, a que público está dirixida e como se conseguiu financiación para a realizar.
A través da nosa Ponte nas Ondas estivo con nós desde Euskadi o cineasta Rubén Sánchez. A través da súa conversa coñecemos os Arlotes, unha serie de Deseños Animados que contou coa primeira das versións lexendadas ao idioma galego. Acabamos sabendo como naceu a idea, canto tempo levou levala a cabo, a que público está dirixida e como se conseguiu financiación para a realizar.
Para o final do programa estaba prevista unha viaxe a Irlanda, de xeito que alí falásemos demoradamente con Isaac Xubín, profesor, tradutor de Pasaia blues. Os problemas técnicos impediron que fose posíbel desta vez. Será noutra ocasión. En calquera momento.
Foi unha mágoa non escoitar ao poeta e tradutor Isaac Xubín. Estiven nun recital que fixo en Pontevedra e foi maxistral. El só recitando de memoria textos de Méndez Ferrín, Cunqueiro, Chus Pato e seus. Foron 45 minutos que se fixeron cortísimos.
ResponderEliminarTamén asistín á presentación do libro "Pasaia Blues" de Harkaitz Cano que el traduciu directamente do eúscaro ao galego. Estaban presentes os dou e máis Alejandro Tobar (editor) e falouse sobre o libro e tamén sobre a situación sociopolítca en Euskadi.
Teremos oportunidade de escoitar a Isaac desde Radio Burela?
Saudiños.
Moitas grazas pola súa mensaxe. Encantaríanos dar a coñecer de viva voz á nosa audiencia unha crónica dese acto de presentación do Pasaia Blues. Por favor, envíenos unha mensaxe a proxectoneo@gmail.com
ResponderEliminarMoitas grazas