Con estas palabras presentou Bernardo Penabade a Conchi Díaz Candán, unha das protagonistas do programa nº 52.2: "A nosa convidada naceu en 1982 nun lugar ideal para sibaritas, xusto alí onde estaban as Caldas dos Reis, o lugar escollido polos Reis para relaxarse. De nena, cursou EXB; e despois, xa adolescente, o BUP onde tiña que ser: nos centros públicos da vila (o CPI Alfonso VII e o IES Aquis Celenis)".
Pola súa parte, Gabi Bermúdez dixo: [Conchi] Agora é licenciada en dúas carreiras -Filoloxía Galega e en Filoloxía Románica- pola Universidade de Santiago de Compostela. E aínda continúa con libros e exames: está facendo o Mestrado de literaturas hispánicas impartido a distancia pola UNED".
Con Conchi falamos uns 20 minutos a ritmo frenético. En pouco tempo, conseguimos un magnífico documento útil para calquera sesión de sociolingüística.
Entre música e música, tamén conversamos co noso técnico. Andrés Sáinz Eváns foi felicitado porque finalizou os estudos do ciclo medio de Electrónica. En pouco máis de cinco minutos, comentounos as súas impresións sobre o periodo de Formación en Centros de Traballo (FCT).
Na segunda metade do programa, retrasados en relación ao horario previsto, puxémonos en comunicación con Hixinio P. Novo. Despois de o saudar con música de Serrat para o poema "Puedo escribir los versos más tristes esta noche", conversamos sobre Neruda e o Winnipeg, sobre a investigación para clarificar se morreu por morte natural ou asasinado; e, en xeral, de todas as obras que aparecen referenciadas no seu blogue.
As entrevistas completas están aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário