Seccións

27/02/13

Proxecto Neo nº 45.2: Sheherezade + José Martínez-Romero Gandos

No programa 45.2 tocou resolver unhas adiviñas que lanzamos polo noso Facebook. Agora este é o espazo para as respostas. 
Como preámbulo, falamos con Sheherezade. A ritmo de merengue coñecemos esta moza de orixe dominicana, que estuda 4º de ESO no CPI Castro Baxoi de Miño. Tal como fixera o seu colega Lukas, Sherezade falounos moi fluidamente, con brillantez. A súa intervención merece os parabéns tanto para a protagonista como para o profesorado do centro e o conxunto da comunidade educativa. Polas súas palabras coñecemos o "pelotón lingüístico" coordinado pola profesora Begoña Martín e soubemos que un dos obxectivos é  "enganchar con actividades divertidas e atrevidas" como as "tarxetas Toc Toc". Noutra ocasión profundizaremos máis nesas iniciativas pedagóxicas.
En plena circulación do programa, incorporamos outro viaxeiro: José Martínez-Romero Gandos. Fillo de emigrantes de Terra de Montes, naceu na República Arxentina. Na capital federal participou na vida cultural galega entre 1960 e a data do retorno (en 2002). Doutor en Psicoloxía, foi docente na Universidade bonaerense e actualmente vive na Coruña, onde está especializado en atención a inmigrantes e a mulleres vítimas de violencia doméstica.
Co Dr. Romero Gandos falamos demoradamente sobre a primeira cerimonia nupcial realizada en idioma galego na etapa contemporánea. Recordamos un día de xullo de 1967, cando o noso entrevistado e a súa prometida, Dna. Pilar Jeremias Cela, fixeron o que até aquela altura era "o nunca visto". 



10 comentários:

  1. Hoxe tiven unha fermosa experiencia: ser entrevistado por un fato de mozas e mozos galegos, estudantes, na audición do Proxecto Neo.
    Todos os que fomos parte da emigración galega lembramos as difíciles circunstancias dese fenómeno tan común e, non embargantes, tan inxusto.
    E non todos os emigrantes tiveron a magnífica oportunidade que eu tiven: transmitir ás novas xeracións cales foron algunhas desas dificultades, como desenvolvemos e defendemos a cultura galega e o noso idioma e que sentimos cando retornamos á Terra.
    Sentínme comprendido, emocionado e moi ben acollido.
    Ainda hoxe, lamentablemente, os galegos teñen que emigrar. Eu agardo que este fenómeno remate dun xeito definitivo. No entanto, lembrade que "cando un non pode trocar as difíciles circunstancias polas que pasa, sempre é posible trocar a actitude".
    A vida vale a pena vivila, ainda nas peores circunstancias. Mais esa vida será plena se sempre facemos uso da nosa liberdade e da súa inevitable consecuencia, a responsabilidade.
    Seguide adiante. E comoa saudaban os galeguistas do alén-mar porteño: Saúde e Terra.
    José Martínez-Romero Gandos

    ResponderEliminar
  2. Dr. Martínez-Romero: quen nos sentimos comprendidos e emocionados somos nós. Foi vosté quen nos concedeu o privilexio de facer radio educativa con contidos de ultramar (e non só iso).
    Que fermosa fonética! Escoitar esa música do idioma é moi estimulante. Moitísimo. OXalá o tomasen como referencia determinados locutores e locutoras dos medios audiovisuais -especialmente os de carácter institucional.

    ResponderEliminar
  3. O interese por vós amosado no transcurso da entrevista e posteriormente anímame a decirvos, eiquí, que o tema da lingua non é un problema menor na nosa tarefa profisional como Psicólogos.
    Cada grupo humano, cada nación, cada época cultura, vese influída polas interaccións dos sentidos de cada unha das personas que os integran. A continuada interacción de estas identidades xera a percepción de símbolos comunies. Esta “comunidad” é recoñecida logo como propria.
    Cand actuamos como Psicólogos a comprensión deste ser que temos fronte a nós nas entrevistas profisionais é inabarcable. Non sempre seremos capaces de comprender, propriamente, a quen consulta. Só podemos describir o “eiquíe e agora” do noso encontro co ese outro, circunscribindo o noso accionar ó fenómeno presente e asumindo unha actitude crítica sobre as nosas limitacións. Detérmonos, escoitar e comprender a fala, os xestos e a imaxe corporal do outro que temos fronte a nós.
    Nese diálogo interpersonal captamos a capacidade do oueitro para recoñecer a súa problemática. Aquello que é obvio, o cotián, o rutinario non aparece diante o experto segundo normas ou cánones académicos predeterminados. Está determinado polo proceso histórico do paciente e do seu “eiquí e agora” da súa circunstancia, que non es é unha mera abstracción. Esa Persona fronte a nós é un producto da súa temporalidade, do seu “ancoraxe” inevitable a un “dassein” (ser-no-mundo cos outros), é resultado do seu modo peculiar de ser-no-mundo que se atopa con un outro, neste caso un profisional, que apelaba a él para que o asista na superación desa circunstancia limitante e que lle permita producir unha resposta “singular, única e irrepetible”.
    Coma única e irrepetible foi a entrevista que vós fixérades na audición do Proxecto Neo.

    ResponderEliminar
  4. Dr. Romero, nós (entrevistado e entrevistadores) non entendemos as linguas como un problema. Entendémolas como solución. Nas palabras -tamén nos xestos- está o instrumento de mediación, da interacción.
    Esta visión da realidade foi a que nos animou a impulsar unha iniciativa titulada Saúde e Sensibilidade: http://www.edu.xunta.es/centros/iesperdouro/category/16/131. Confiamos en que o colectivo profesional da Psicoloxía o acolla como seu.

    ResponderEliminar
  5. Ola bo día, boa tarde e boa noite para tod@s. Eu traballo en saúde, son técnica de cardioloxía no hospital Santojanni e teño unha extensión horaria que cubrir. Polo tanto foime imposible escoitalos en directo, mais escoito o programa en diferido, así que escoitei o do mércores 27. Escoitei os tangos cantados por Carlitos Gardel e a entrevista realizada a José Martinez Romero, contando as súas vivencias, hoxe retornado en Galicia. Seguireinos escoitando nas gravacións que suban ao blog !!!!!!!!! Mándolles un bico grande dende Bos Aires, para vostedes e un saúdo para toda a audiencia. Marcela.

    ResponderEliminar
  6. Sra. Marcela: moitas grazas por escoitarnos e por transmitirnos apoio a través das súas palabras. Agradecemos que difunda a entrevista ao Dr. Martínez Romero entre as súas persoas coñecidas. Gustaríanos moito que a súa galeguidade fose recoñecida.
    Reciba un grande abrazo desde Galiza.

    ResponderEliminar
  7. Ola, Radio Neo: dende Miño enviámosvos as grazas polo voso programa e por invitarnos a participar nel. Eu agradézovos especialmente o trato para cos rapaces e rapazas do noso cole, que xa van dous! Encantoume a idea da vosa radio e agora vexo que isto resulta moi chulo e sobre todo moi positivo pois "a nosa Sheherezade" di que agora ata SOÑA EN GALEGO!!! É un pasiño...
    Unha forte aperta a todos-as.
    Begoña.

    ResponderEliminar
  8. Somos nós os que estamos moi agradecidos a toda a comunidade educativa do Castro Baxoi, Begoña. Por favor, felicitade persoalmente a Sheherezade e a todos os mozos e mozas que colaboraron nesa curtametraxe tan linda. Por certo: non esquezades transmitir os parabéns tamén ao noso compañeiro conserxe.
    Aínda vos pedimos outro favor: pasádelle a colegas doutros centros o convite para participar.

    ResponderEliminar
  9. El miércoles pasado estuve escuchando vuestra emisora; me la había recomendado una joven descendiente de gallegos, argentina ella, a quien conocí hace un par de años, cuando ella estaba estudiando la lengua gallega, en un programa del Centro Gallego de Buenos Aires.
    No pude disfrutarlo tanto como había pensado, porque debido a la disminución de mi capacidad auditiva, por mi edad (89 años) y al hecho de que la audición se desarrolla en lengua gallega, que domino leyéndola, pero me resulta difícil para hablar la u oirla en forma directa, cosa que me hace perder gran parte de la audición.

    Tocais vosotros un tema muy importante para mi, ya que yo formo parte de ese colectivo que dejó la patria en que nació, para rehacer su vida a miles de kilómetros, en un lugar desconocido, con el agravante de que yo no puedo ser considerado como un verdadero emigrante, ya que que con solo 6 años de edad, seguí los pasos de mi madre, que al quedar viuda, con 4 hijos desparramados entre la familia, para que pudieran sobrevivir, resolvió emigrar a Argentina, con los dos menores, esperando "hacer la América" y poder reunirse con los dos mayores, que quedaban en Galicia, al cuidado de las tías paternas; suelo decir que soy un "trasplantado", ya que nadie me consultó si quería emigrar o quedarme en mi tierra natal.

    Mi vida, la de mi madre y la hermana que me acompañó en ese viaje hacia un mundo desconocido, dieron origen a la historia que escribí, con el título de "La mujer... un milagro", con hechos y personajes reales y que me hizo comprender que en cada alma de mujer hay un verdadero milagro, que son capaces de los mayores sacrificios y renunciamientos, para lograr la felicidad de los seres que aman. Escribí también otra "titulada "La abuela Carmen", referida a la vida de otra mujer, concebida en Galicia, que viajó en el vientre de su madre, hacia Argentina, que nació en este lugar del mundo, a los tres meses de llegar su madre a este país, que volvió a Galicia a los 6 meses de edad, porque la "morriña" amenazaba con acabar con la vida de su madre, pero que la guerra civil española y sus consecuencias, hicieron que volviera hacia Argentina, trayendo luego uno a uno a sus hijos y a sus padres, habiendo perdido a su marido, que la guerra civil se lo devolvió loco, después de 4 años de lucha... Hay en cada emigrante una historia digna de ser contada, si se tiene la suerte de encontrar el relator adecuado. Tengo también otro libro de cuentos sobre animales que formaron parte de mi familia, también con personajes y hechos reales.

    Si quieren saber algo más sobre mi, les invito a entrar en un blog que se llama; http:://lamujerunmilagro.blogspot.com

    Espero que hayan podido llegar hasta aquí.

    Jorge Rodríguez (un viejo) - Tel. 11-4658-6127 - Espora 528 - cp. 1704 - Ramos Mejía - Pvcia. de Buenos Aires - Argentina

    ResponderEliminar
  10. Moitas grazas pola súa mensaxe. Tomamos nota do enlace ao seu blogue, que veremos co máximo interese. En breve terá noticias nosas.

    ResponderEliminar