PROXECTO NEO cumpriu un ano e quixemos celebralo cun programa especial. Organizamos unha festa con música ao vivo.
Pedimos colaboración a Antón Crego e tivémola non só del. Con nós estiveron tamén Xabier Mazaira López (aos mandos dun violino) e Álvaro Crego Deán (nos teclados e co acordeón).
Pedimos colaboración a Antón Crego e tivémola non só del. Con nós estiveron tamén Xabier Mazaira López (aos mandos dun violino) e Álvaro Crego Deán (nos teclados e co acordeón).
O que fora integrante do grupo A Quenlla durante trece anos (1984-1997), compositor e intérprete (guitarra, percusión e voz), evocounos o seu período de formación en Lugo e falounos da súa relación con escritores como Uxío Novoneira, Manuel María e Darío Xoán Cabana e co profesor Xesús Alonso Montero, de quen foi alumno.
Matías Nicieza púxolle voz ás mensaxes enviadas por Mero Iglesias, Francisco Piñeiro e María do Carmo Cociña. Xa na parte final, recollemos de viva voz o cariño de Marica Campo. A nosa escritora foi presentada por Xoel Xeada desta maneira:
Marica
Campo é escritora. Deu clase en San Cibrao e en Xove. Viviu durante
varios anos no lugar do Torrillón, na Regueira. É autora de
numerosas obras de poesía, narrativa e teatro. Mais hoxe está con
nós en calidade de trovadora ou o que é o mesmo: compositora de
letras de cancións. Compuxo para Fuxan os Ventos, para a Quenlla,
para Tino Vaz… e seguro que para moitos outros que nós non
coñecemos.
Como complemento á introdución musical de J. Sebastian Bach executada por Xabier Mazaira, despedimos o programa coa maxia de Álvaro Crego aos mandos do acordeón. Foi unha magnífica homenaxe ao seu avó, que lle transmitiu en herdo o amor por ese instrumento.
Aquí o audio do programa nº 39.2 con Antón Crego. Que haxa bon proveito.
Sem comentários:
Enviar um comentário