O 35.2 é o programa que comeza con ton saudoso, porque faltaba a nosa condutora galo-galega. Como a encontrábamos en falta, dedicámoslle aquilo de "Non te vaias, Rianxeira, que te podes marear" na voz de Uxía Senlle.
A seguir, falamos con Marina Barbosa Vicente, unha artista que canta e danza no grupo Nós Bandeira, que fai música tradicional africana, e que tamén participa nas Batuko Tabanka.
Tras ler un fragmento de Un dedo manchado de tinta (Manuel Portas; Xerais, 2011), estivemos con Clara Pino (Vigo; 1972).
Falounos de música, de literatura e tamén do idioma. Díxonos que non falou en galego desde pequena; que seus pais a educaron en castelán, o mesmo idioma en que foi escolarizada (sen concesións ao galego).

Comentounos que aos 8 anos iniciou os estudos de Música Clásica no Conservatorio
Superior de Música de Vigo e que ao terminar COU licenciouse en Filoloxía Hispánica en Santiago. Recalcounos que combinou os estudos de Letras cos de Canto no Conservatorio.
Ao rematar a carreira, sentiu curiosidade pola harpa celta. Coñeceu Rodrigo Romaní, que sería o seu profesor durante 5 anos. Rodrigo propúxolle un proxecto musical,Setesaias, e saíu o seu primeiro disco.
Nesa altura, Clara Pino deu o salto definitivo ao galego "en todos os contextos comunicativos". É moi lindo como ela o conta: "Fíxenme esta pregunta: se canto en galego e dou as miñas aulas en galego....que sentido ten non falalo no resto dos contextos?". Enfín... Unha ES-TRE-LA! Os neofalantes son así!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário