Non perdades a tertulia aquí: Proxecto Neo nº 28.2
Mércores 10 de outubro, contamos cun convidado lugués polifacético, Manuel Parga Núñez, profesor de Xeografía e Historia no IES Monte Castelo, especialista en Pedagoxía Terapéutica e en Lingua Galega.
Nesta tarde, Manuel Parga falounos da nenez, da etapa educativa durante a transición en Lugo para rematar contándonos as súas experiencias como docente en Galiza e Cataluña. Soubemos que combinou os seus estudos coa competición atlética de alto rendemento e puidemos falar con Paco Villanueva, Presidente da Federación Galega de Triatlón, compañeiro de Manuel Parga. Na súa etapa de docente, exerceu como director do Colexio de Cervo nos
cursos 89-92, 97-98 e 2002-2005, e impulsou varios proxectos educativos de
investigación e formación a nivel galego, estatal e europeo.
Personaxe polifacético como diciamos, Manuel Parga dedícase tamén á política: foi o primeiro Alcalde do Concello de Burela no ano 1995 e deputado no Parlamento Galego durante dúas lexislaturas: na primeira exerceu como portavoz de educación e na segunda de Ben-estar social.

Sem comentários:
Enviar um comentário