PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA "MODELO BURELA": PRESENTACIÓN - PROGRAMA 0
O día 4 de xaneiro de 2012 emitiuse o primeiro programa. Na entrevista participaron Mª José Andión Fontela, Coordinadora do Proxecto de Innvación Lingüística do IES Perdouro, e Bernardo Penabade.
Como resultado da colaboración entre a área de Innovación Educativa do IES Perdouro e Radio Burela, todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde a emisora de Radiofusión transmite Proxecto Neo, un programa que centra o protagonismo nas persoas neofalantes en galego. Proxecto Neo recolle as voces que se incorporaron recentemente á nosa cultura e que lle dan tanta vitalidade como os que a adquiriron na infancia. Son persoas que viñeron de Castela, de Asturias, de Andalucía, Madrid... ou que viñeron de diversos países do mundo e chegaron a Galiza e se integraron na cultura tradicional. Tamén se inclúen neste grupo as persoas das grandes cidades galegas que se comezaron a desenvolver totalmente no idioma galego sendo xa adultas. Seguídenos en Facebook, onde vos convidamos a participar activamente. |
Sem comentários:
Enviar um comentário