Momento en que é entrevistada Jozi Oliveira, do Burela FS |
Carme e Sara entrevistan o seu compañeiro Víctor López |
O historiador Manuel Piñeiro presentounos unha nova asociación defensora do patrimonio: A ROGA COLECTIVA, que recentemente fixo público un manifesto fundacional e que nós daremos a coñecer a través das redes sociais.
Despois de falarmos de TRABALLOS COMUNITARIOS, tivemos unha nova entrega do espazo que leva por título "Si, Muller! Deporte". A convidada nesta iniciativa incluída nos "365 días de respecto e igualdade" foi Jozi Oliveira, unha das estrelas do Burela F.S.
Xa contra o final do programa, estivo con nós Víctor López, estudante de primeiro de ESO, que nos falou da riqueza paisaxística e patrimonial da comarca ancaresa.
Sem comentários:
Enviar um comentário