COORDINACIÓN - PROXECTO NEO | |
María Xosé Andión Fontela | María
Xosé Andión (Crecente - Pastoriza; 1978), licenciada en Humanidades e
en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela,
conta con experiencia na edición - ocupouse desta área en Edicións Lea
de Santiago de Compostela - e na dinamización, dado que tamén traballou
na Oficina de Relacións Exteriores que a Universidade de Santiago ten no
Campus de Lugo. Ademais de participar na organización do "Congreso Internacional de Lingüística – Léxico & Gramática" (Lugo; 2000), é autora de "Consideraciones sobre la convivencia castellano-gallego: tratamiento del fenómeno por parte de la prensa del s.XX", texto que defendeu nas II Jornadas Monográficas de la Asociación de jóvenes investigadores de Historiografía e historia de la Lengua española: El contacto de lenguas" (Lugo; 2003). Desde o ano 2006 é profesora de ensino secundario. Tras un breve período de docencia en centros de Ourense e o Carballiño, conseguiu destino definitivo no IES Perdouro, onde dirixe o departamento de Lingua castelá e Literatura. |
Tania
Iglesias Pillado (Burela, 1987) é licenciada en Xornalismo pola
Universidade de Santiago de Compostela (2005-2009). Posteriormente,
mergullouse no mundo da docencia cursando o Mestrado en Profesorado de
ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas
(especialidade en Servizos) na Universidade da Coruña. Polo momento, conta con experiencia en dous ámbitos periodísticos: a prensa escrita e a radio. Realizou prácticas na delegación de Burela do grupo de comunicación El Progreso S.L. e desde outubro de 2012 traballa en Radio Burela. |
Tania Iglesias Pillado
|
CONTROL TÉCNICO
| |
1ª temporada: Senín Díaz comezou non hai moito a transmitir a arte da maxia para o público. Anque tamén estivo de lingüista na CRTVG nos telexornais, o que lle deu a perspectiva do mundo da comunicación e da información, cousa que lle serve para aplicar todas estas metodoloxías a este mundo de ilusións. Gosta de facer maxia para o público canto máis amplo mellor, pero o que realmente practica é a cartomaxia, maxia de cerca, xa que é o trato directo e onde esta arte é realmente eficiente e convincente. Tamén acostuma a facer xogos de escenario cos distintos utensilios, cos que xoga e ri. Dende 2010, traballa en Radio Burela, un proxecto de Radio Fusión. |
Senín Díaz
|
2ª temporada: Juan Andrés Sainz Evans (A Coruña; 1990) realizou estudos de bacharelato no Instituto Eusebio da Guarda da súa cidade natal e actualmente está realizando no IES Perdouro o segundo curso do ciclo de formación profesional de grao medio para conseguir a titulación de Técnico en instalación de telecomunicacións. Desde os meses de xullo e agosto ten experiencia laboral nos ramos da hotelaría e da montaxe de estruturas metálicas ou de madeira destinadas á realización de eventos. |
Juan Andrés Sainz Evans
|
3ª, 4ª, 5ª e 6ª temporada: Matías Nicieza García(Burela; 1978) |
PRODUCIÓN | |
Miruca Parga Valiña
|
Edelmira
María Parga Valiña naceu en Lugo en 1972. É licenciada en Filoloxía
Hispánica na especialidade de galego-portugués. Traballou no Arquivo
Dialectal do Galego Oral do Instituto da Lingua Galega da Universidade
de Santiago de Compostela e no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da
Cultura Galega. Colaborou coa Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia
na elaboración do Nomenclátor da toponimia oficial galega e tamén co
Centro Dramático Galego en labores de corrección lingüística.
Impartiu
docencia como profesora de Lingua galega e Literatura no IES Porta da
Auga de Ribadeo e no IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao (Cervo).
Na
actualidade é profesora de lingua no IES Perdouro de Burela, onde
tamén realiza as funcións de coordinadora do Equipo de Normalización e
Dinamización Lingüística e da revista Maruxía, publicación que se edita no centro desde hai 18 anos.
|
María
do Carmo Cociña (Xove, 1963) é licenciada en Filoloxía Románica (1985)
e Galego-Portuguesa (1987) pola Universidade de Santiago de
Compostela. Tras ter exercido a docencia en Escolas de Idiomas e en
centros de ensino secundario de Trives e Cedeira, desde 1990 ensina
Lingua e Literatura no Instituto Monte Castelo de Burela. En calidade de coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística impulsou o Certame Literario da Mariña, que serviu para descubrir novas voces do panorama literario galego (Oliver Escobar, Martiño Suárez, Olalla Cociña...); e mantén mensualmente un dilatado programa de actividades centradas na lingua, a literatura e a cultura popular. Desde o curso 2009-2010 está integrada no grupo de innovación educativa que reúne profesorado de varios centros da Mariña e que realiza intervencións educativas coñecidas coa denominación "Modelo Burela". |
Carme Cociña Cociña
|
LOCUCIÓN E REALIZACIÓN | |
Bernardo Penabade Rei
|
Licenciado
en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago, complementou estudos na especialidade de Filoloxía Hispánica.
Simultaneamente, mediados os 80, con Luís Poupariña desenvolveu unha
intensa actividade na comisión de cultura da Residencia Universitaria
‘Burgo das Nacións’, onde impulsou a convocatoria dun célebre Certame
Literario que serviu para descubrir novos valores das nosas letras.
Desde 1985 mantivo colaboración artística no sector audiovisual coa empresa Imaxe Galega en traballos encargados pola TVG. Ademais da sincronización e dobraxe de filmes e seriais televisivos, ocupouse da tradución de guións (especialmente de programas destinados ao público infantil). Entre 1997 e 1998 foi colaborador habitual de Volvoreta, o suplemento do xornal El Correo Gallego para a comunidade universitaria de Compostela, publicando noticias de libros e entrevistas a escritores galegos. Tras un breve período de docencia no Colexio Paulo VI da Rua de Valdeorras, foi profesor no Instituto Otero Pedraio de Ourense, en Bueu, Ortigueira e en Viveiro (IES Vilar Ponte, 1990-2003). Desde 2003 está destinado no IES Perdouro de Burela. Ten participado en numerosos congresos con relatorios publicados sobre lingüística, sociolingüística e didáctica. Traballos seus poden lerse na revista Agália, en A Nosa Terra e Novas da Galiza, como tamén nas actas de diversas reunións de carácter científico. Desde 1983 é membro da AGAL, entidade na que colaborou con diversas personalidades relevantes da cultura galega entre elas Ricardo Carvalho Calero. Integrante do Consello Directivo en diversas ocasións, resultou elixido Secretario en 1996 e Presidente no período 2001-2007, encabezando un movemento de reorientación do reintegracionismo nun sentido integrador. No campo da didáctica é o impulsor do "Modelo Burela de Planificación Lingüística", unha estratexia educativa en aplicación desde 2004. |
Karina Parga Chao naceu en Joigny (Francia) en 1975. É licenciada en Filoloxía Francesa pola Univerdidade de Santiago de Compostela. Dende 2003 é profesora de Francés no IES Perdouro de Burela. Tivo baixo a súa responsabilidade a vice-dirección de actividades complementarias e extraescolares do IES Perdouro e, ademais, é dinamizadora da biblioteca escolar do centro. |
Karina Parga Chao
|
FOTOGRAFÍA | |
Lucía Rivas Ramos, burelesa, naceu no hospital de Lugo en 1986. É a fotógrafa oficial de Proxecto Neo. Tamén xestiona o perfil de Proxecto neo en fotos en Facebook e Instagram.
|