Seccións

26/05/22

Proxecto Neo, 352.11: Carme Sampedro Miranda; Íker Trillo e Alberto Méndez (C.B. Burela); Moncho Mariño


Abrimos o programa coa interpretación da cantiga titulada Ondas do Mar de Vigo por alumnos e alumnas de 4º de ESO, dirixidos pola profesora Patricia Inés Fernández Salas. Pola súa parte, a profesora Carme Sampedro Miranda presentounos un Plan Proxecta realizado no Instituto Perdouro.

Trátase do 365 días pola Igualdade.Íker Trillo e Alberto Méndez, do Clube de Baloncesto Burela, faláronnos do Campionato galego desta modalidade deportiva gañado pola entidade da Mariña.
Nos minutos finais, Moncho Mariño falounos do Xornal da Mariña, unha cabeceira asociada ao Galicia Confidencial.

19/05/22

Proxecto Neo, 351.11: Fernando Losada; Leidy Diana Pillaca; Imane Oubella; Claudia Romo Leivas


O Profesor Fernando Losada visitounos no estudio de Radio Burela para facer memoria das colaboracións que nos enviou durante este curso académico.Na segunda parte, o diálogo intercultural tivo como protagonistas as estudantes Leidy Diana Pillaca, con raíces familiares no Perú, e Imane Oubella, orixinaria de Marrocos.
Na terceira parte, Claudia Romo Leivas fíxonos a historia dunha fotografía feita en 1965 durante as festas de Mondoñedo. Xusto despois, tivemos o privilexio de conversar cos protagonistas da histórica imaxe: Marisa Martínez Anello (avoa de Claudia) e José Castro (o Amancio da Canción, vocalista da Orquestra Finisterre).

12/05/22

Proxecto Neo, 350.11: Brais Vila; Bea, a de Estrella; Séchu Sende


Brais Vila fíxonos de cronista especial dunha expedición educativa pola Terra Chá. O grupo de Burela estivo primeiro no castro de Viladonga e despois desprazouse á lagoa de Cospeito, antes de gozar dun momento de lecer na área recreativa da Madalena, en Vilalba.A seguir conversamos con Bea, a de Estrella, que acaba de editar o seu primeiro disco. Nós conversamos con ela e coñecemos os contidos deste novo produto da cultura musical galega.
Na terceira das entrevistas falamos con Séchu Sende, con motivo da publicación de O povo improvisador. Aventuras sobre regueifa e poesía oral.



05/05/22

Proxecto Neo, 349.11: Yorel Ladra (aVozdasLetras); Branca Trigo; Adrián Maceda; Antonio Reigosa

 




Unha conversa con Yorel Ladra Ballesteros, da Voz das Letras2022, presentounos a iniciativa de traballo colaborativo para tributar homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.
Despois dunha magnífica mostra de aprendizaxe-servizo, entramos nunha serie de contidos dedicados ao encontro Mondoñedo é poesía e ao certame Díaz Jácome. Atenderon a nosa chamada Branca Trigo, Adrián Maceda e Antonio Reigosa.